Virandeira

Virandeira

Folk

Virandeira nace no barrio vigués de Zamáns no ano 2000, de onde eran os integrantes do grupo Chema, Mila, Patri e David. Nese momento adicábanse exclusivamente á música tradicional, pero xa comezaban a pensar en novos sons e instrumentos.
O grupo fai unha paréntese ata o ano 2008, cando decídese retomar o proxecto.
Novas incorporacións como Soli (percusións), Martín (teclados) e no 2009 Jony (guitarra) fan que o grupo de un xiro, deixando atrás unha longa etapa adicada á música tradicional galega, para pasar a compoñer os seus propios temas. No 2010 incorpórase Loreto (batería).
Con esta formación, estréanse ese mesmo ano, comezando así unha longa xeira de concertos.
A finais do 2011 únese ao grupo André (violín).
Virandeira segue traballando en novos temas que agardamos disfrutedes con nós.

Info del grupo:
Estilo Musical: Folk
País: España, Galicia
Localidad: Zamáns
Año de Creación: 2008
Integrantes: 7

Influencias

Folk